Festival Internacional


Cedeira · Outubro 2026
Dende a Nada
Todo comeza cunha idea.
Dende a Nada é un festival internacional de teatro en Cedeira, que nace da confianza na nosa capacidade para imaxinar algo e facelo realidade.
Cada ano, traemos a Cedeira destacados creadores e creadoras de teatro para compartir non só o seu traballo, senón tamén como o crean.
A través de obradoiros, espectáculos e encontros, convidamos a todo o mundo a entrar no proceso creativo, a experimentar, xogar, colaborar e, quizais, descubrir algo que non sabía que podía facer.
Non necesitas ser intérprete. Só necesitas ter curiosidade.
Alguén ten unha idea.
Outra persoa di que si.
A xente xúntase.
E da nada, algo comeza.
Dende a Nada.

Dende a Nada 2026
Do 10 ao 24 de outubro, Dende a Nada volve a Cedeira con dez días de espectáculos, obradoiros, encontros e novas creacións.
Descubre os artistas, o programa e as actividades desta edición.
Edicións anteriores


